Wednesday 18 de September de 2024

O Grupo Municipal Socialista consegue incluír as súas esixencias no reparto de remanentes: parques infantis, aparcadoiros e a volta do Multixogo Nadal


▪ Os socialistas arrincan así o compromiso do goberno local de acometer o acondicionamento de dúas parcelas ao carón dos colexios Quiroga Palacios e Ramón Cabanillas, a ampliación e cuberta do parque infantil da rúa Lisboa e actuacións de asfaltado en Conxo e A Rocha
▪ O seu portavoz, Gonzalo Muíños, recoñece sen embargo, que “quedan algúns flocos por concretar para garantir o apoio integral” ás propostas do goberno
▪ Marta Abal critica ademais que o proxecto de remanentes se someta a pleno o 31 de xullo: “van moi tarde, teñen menos de seis meses para executar o que se orza”

Manterase ata o úl-mo minuto a incógnita do resultado da votación no expediente de remanentes que o goberno local de San-ago someterá a consideración plenaria o vindeiro mércores. Ou iso parece tras as declaracións do portavoz do Grupo Municipal Socialista, Gonzalo Muíños, quen este sábado recoñecía que “quedan algúns flecos por concretar para garantir o noso apoio integral ás propostas do goberno”. O que xa está resolto é a inclusión das demandas que os socialistas presentaban ao comezo das conversacións para establecer o reparto dos 6,7 millóns cos que conta este ano o expediente de remanentes.
A ampliación e cuberta do parque infan-l na rúa Lisboa, o acondicionamento das dúas parcelas situadas ao carón dos colexios Quiroga Palacios (Santa Marta) e Ramón Cabanillas (Pontepedriña), o asfaltado en rúas de Conxo e A Rocha, así como o arranxo dos accesos do parque Alexandre Bóveda (Vite) están “garantidos” e “serán unha realidade” segundo asegurou Muíños. O edil socialista presenta esta como unha nova evidencia de que “é posible prac-car unha oposición esixente e crítica, pero tamén útil e produtiva para solucionar os problemas das veciñas e veciños de Santiago”.

Muíños que reivindica a “política que mellora a calidade de vida das persoas que vivimos en Compostela” confirmou ademais que, dentro de ese proxecto de remanentes, se incluirán tamén par-das para financiar a volta do Mul-xogo Nadal ao Mul-usos Fontes do Sar este inverno, así como para acometer actuacións de mellora nos accesos do parque Alexandre Bóveda (Vite) e para reformar outro parque infantil, o da rúa Fon-ñas.

Unha batería de compromisos que se completa coa rehabilitación do muro da rúa Decoita e as rexeneracións asfálticas de Ríal de Conxo, a rúa do Río e a rúa Churruchao e do Piñeiro.

Propostas “asumibles e executables”
A que fóra responsable de Facenda na etapa de Sánchez Bugallo, Marta Abal, destacou ademais que todas as cuestións que os socialistas conseguiron incluír nos remanentes son as que “durante todo o ano fomos trasladando ao pleno e que os colec-vos veciñais e asociacións nos fixeron chegar”. Cuestións que, ademais, “dan continuidade á acción de goberno socialista”.

Neste sentido, lembraban nos últimos días que a proposta para ampliar e cubrir o parque infantil da rúa Lisboa dálle con-nuidade ao programa de reforma dos parques infanYs de toda a cidade iniciado na etapa socialista -seguindo a estela dos da Alameda, Almáciga, Alfredo Vicenti no Castiñeiriño ou o interxeracional de Sar-. E se suma a outras cuestións que os socialistas xa incluíran no acordo de orzamentos de este mesmo anopara o barrio de Fontiñas, como é a construción da rotonda na intersección entre a rúa Lisboa e a rúa Londres.

En todo caso, destaca Abal, son cuestións “asumibles no curto espazo de tempo que terá o goberno para executalos”. Precisamente, neste sentido amosouse especialmente crítica Abal que lle afeou ao execu-vo de SanmarYn que vaian “moi tarde” ao levar o expediente de remanentes a pleno o último día de xullo: “isto limita o que podemos incluír nos remanentes” asegura, toda vez que o goberno terá a partir da súa aprobación “menos de 6 meses para executar o que se incorpore”.

Flocos pendentes

Desde o Grupo Municipal Socialista evitan de momento garantir un apoio “integral” a todas as propostas de goberno. Fala o seu portavoz de “flocos por concretar” e cuestions que “o goberno local deberá xus-ficar antes do mércores” toda vez que, “non todo o que figura na súa proposta de remanentes está debidamente motivado”.

Neste sentido, o principal escollo é o edificio que o goberno local pretende mercar na rúa Mazarelos. Concretamente a mo-vación que emprega para mercalo. Explica a Marta Abal que, a pesar de que desde o executivo de SanmarYn argumentaban que o obxectivo era que o Concello adquirise a porta de Mazarelos, “ese arco é xa un ben propiedade do concello”, algo que “invalida a xus-ficación da singularidade da adquisición”.

Pregúntase así a edil socialista se tería sentido que “ante unha operación deste calibre – a compra de este inmoble cífrase en 400 mil euros- os servizos de patrimonio e contratación non informasen favorablemente sobre a singularidade e o procedemento a seguir para a súa adquisición”.

Así as cousas, sen esa documentación que motive a compra, explica Abal que o Concello debera recorrer á contratación pública para adquirir unha vivenda coas condicións que determinasen os pregos que rexesen ese contrato.
“Se o que se quere é destinar este edificio ao alugueiro social, hai outros inmobles con maiores volumes para garantir unha oferta maior” argumenta Abal que sinala ademais que, coa posta en marcha do Rexistro de Solares durante o mandato socialista, actualmente hai varios inmobles que poderían ser adquiridos polo Concello, “unha situación que aforraría recursos públicos e que melloraría as condicións para os intereses da administración local” defende.